Busca e salvamento en montaña e zonas illadas

Código: 142048
Data de inscrición: 13/02/2014 - 27/02/2014
Número da edición: 5
Horas lectivas: 20
Prazas: 15
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 14/06/2014 - 15/06/2014
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 6
Horario: 9:30 a 14:30 e 15:30 a 20:00 h.
Días: 14 e 15 de xuño de 2014
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria para participar en operativos de busca de persoas desaparecidas en zonas de difícil acceso.
Contido:
- Xeneralidades
- Coordinación do socorro
- Protocolos de busca. Distribución de tarefas
- Orografía e cartografía
- Lectura e interpretación de mapas
- Principios básicos de orientación e utilización do compás
- Métodos de busca de persoas desaparecidas
- Busca en situacións especiais
- Técnicas de busca e salvamento en zonas de difícil acceso
- Axentes agresores na montaña
- Actuacións en situacións de risco vital
- Técnicas de inmobilización e traslado con medios convencionais e improvisados
- Consellos prácticos para a prevención de accidentes
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Corpos de Policía Local
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
o curso vai dirixido ao persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil, ás/aos profesionais dos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e outro persoal dos corpos de seguridade e emerxencias.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:
os/as solicitantes que sexan voluntarios/as de protección civil deben haber superado con anterioridade o curso básico de protección civil, e terán preferencia os/as que o fixeron no ano 2013 ou anteriores.
Inscrición:
Gratuita