Manexo básico da motoserra para intervención en situacións de emerxencia

Código: 142035
Data de inscrición: 13/02/2014 - 27/02/2014
Número da edición: 2
Horas lectivas: 20
Prazas: 14
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 05/04/2014 - 06/04/2014
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula de madeira
Horario: 9:00 a 20:00
Días: 5 e 6 de abril de 2014
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria para participar con seguridade en intervencións de retirada de emerxencia de árbores caídas ou pólas de árbores desprendidas.
Contido:
a) As partes dunha motoserra e o seu funcionamento: grupo motor e órgano de corte
b) Montaxe e desmontaxe das partes dunha motoserra
c) Labores de mantemento e revisión dunha motoserra
d) Técnicas seguras de apeo de árbores, derrama e toradura.
e) Prácticas de apeo de árbores, derrama e toradura.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil, profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias e membros dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).


Requisitos:
os/as solicitantes que sexan voluntarios/as de protección civil deben haber superado con anterioridade o curso básico de protección civil, e terán preferencia os/as que o fixeron no ano 2013 ou anteriores.
Inscrición:
Gratuita
Convocatoria: DOG Núm. 29 - Mércores, 12 de febreiro de 2014