Monitores de formación en educación viaria

Código: 142014
Data de inscrición: 12/02/2014 - 26/02/2014
Número da edición: 1
Horas lectivas: 16
Prazas: 27
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 13/05/2014 - 14/05/2014
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 10
Horario: 9.30 a 14.00 e 16.00 a 19.30 horas
Días: 13 e 14 de maio de 2014
Obxectivos:
adquirir a formación necesaria para poder colaborar na educación viaria dos escolares.
Contido:
• A seguridade viaria e a educación viaria. Os recursos pedagóxicos da Dirección Xeral de Tráfico (DGT).
• Os alumnos de educación primaria: a etapa de 3 a 6 anos. A etapa de 7 a 10 anos.
• A circulación de peóns: normas e medidas de seguridade viaria.
• A circulación de ciclistas: normas e medidas de seguridade viaria.
• Os viaxeiros no transporte público: normas e medidas de seguridade viaria.
• Os sinais de circulación: do persoal de protección civil e sinais verticais.
• O cinto de seguridade e o casco: normas e medidas de seguridade viaria.
• Planificación dunha actividade formativa. Distribución das áreas temáticas por grupos de traballo: o neno como peón, o neno como usuario de vehículo privado, o neno como usuario do transporte público, o neno como ciclista.
• Visualización dunha sesión real. A súa análise.
• Realización e análise dos traballos dos grupos nas distintas temáticas. Simulacións.
• Realización dunha clase.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil, profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias e membros dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
os/as solicitantes deben haber superado con anterioridade o curso sobre accidentes en estrada, e terán preferencia os/as que o fixeron no ano 2013 ou anteriores. Quedan exceptuados deste requisito os/as integrantes dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).
Inscrición:
Gratuita