Xestión de residuos urbanos

Código: 141159
Data de inscrición: 24/09/2014 - 04/10/2014
Número da edición: 1
Horas lectivas: 30
Prazas: 50
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 13/10/2014 - 13/01/2015
Obxectivos:
• Que os participantes tomen conciencia da problemática que, a día de hoxe, representa a elevada produción de residuos urbanos, capacitándoos para que poidan analizar e valorar as distintas alternativas existentes para facer fronte á mesma.
• Que adquiran os coñecementos necesarios para levar á práctica no contorno social máis inmediato, o principio europeo dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).
• Que dispoñan da información necesaria sobre o modelo Sogama na nosa comunidade, tanto en relación á súa infraestrutura industrial como respecto á loxística empregada e programas de comunicación e educación ambiental postos en marcha pola entidade.
• Que coñezan os instrumentos didácticos e divulgativos utilizados pola empresa para sensibilizar á sociedade respecto á xestión sostible dos refugallos.
• Que adquiran a bagaxe suficiente para influír, desde a súa dimensión profesional, nunha nova forma de visualizar os residuos, abrindo a porta a unha xestión máis sostible do lixo.
Contido:
• TEMA 1: Problemática xeral pola produción de residuos urbanos
• Tema 2: Estratexia europea de xestión e tratamento dos refugallos. Principio dos “tres erres” (reducción, reutilización e reciclaxe)
• Tema 3: Reducción
• Tema 4: Reutilización
• Tema 5: Recollida selectiva
• Tema 6: Recuperación enerxética de parte non reciclable e vertido
• Tema 7: Xestión e tratamento do lixo doméstico en España e Europa
• Tema 8: O modelo de SOGAMA: cometido e infraestrutura industrial
• Tema 9: A compostaxe doméstica
• Tema 10: O prezo da xestión e tratamento dos residuos urbanos
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local