Medición de ruídos

Código: 141130
Data de inscrición: 01/07/2014 - 23/07/2014
Número da edición: 3
Horas lectivas: 12
Prazas: 15
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 06/11/2014 - 07/11/2014
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 3
Horario: de 9.30 a 14.00 e de 15.00 a 18.30; de 10.00 a 14.00 h
Días: O día 6 de novembro en horario de 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 e o día 7 de novembro de 9.30 a 14.00 h
Obxectivos:
Adquisición de competencias e coñecementos relacionados coa avaliación e control do ruído ambiental para poder realizar inspeccións ou aceptar as realizadas por entidades homologadas.
Contido:
– Fundamentos físicos do ruído: conceptos básicos, índices de ruído, avaliación e modelos de cálculo.
– Lexislación: introdución á contaminación acústica, competencias, obxectivos de calidade, prevención e control do ruído, áreas acústicas.
– Tratamento procedemental da contaminación acústica: diferenzas entre administrativo e penal.
– Problemática do ruído en núcleos antigos.
– Problemática de aplicación da normativa de ruído.
– Casos prácticos: procedementos de medida e utilización de sonómetros para inspección.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local