Práctico de control e extinción en incidentes con mercadorías perigosas

Código:

132187

Data de inscrición:

29/10/2013 - 07/11/2013

Número da edición:

3

Horas docentes:

25

Prazas:

20

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

19/11/2013 - 21/11/2013

Lugar:

Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Localización:

Centro de formación integral en emerxencias - Seganosa - Alxen s/n

Aula/local:

Centro de formación integral en emerxencias - Seganosa

Horario:

9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 19:00 horas (3 xornadas)

Días:

19, 20 e 21 de novembro de 2013

Obxectivos:

Adquirir os coñecementos prácticos sobre técnicas e procedementos de actuación e as destrezas necesarias para afrontar emerxencias relacionadas con mercadorías perigosas baixo as máis estritas normas de seguridade.

Contido:

Módulo 1: Operacións de salvamento.
1. Salvamento dunha vítima atrapada nun accidente cun vehículo que transporta mercadorías perigosas.
2. Taponamento e/ou transvase dunha fuga de NH3. Utilización de equipos tapa fugas.
Módulo 2. Fenómenos naturais e antrópicos.
1. Práctica de identificación de substancias con fichas de intervención. Panel laranxa, número ONU, número de perigo, etiquetas.
2. Práctica de neutralización ácido base en laboratorio.
3. Práctica de colocación e retirada de traxes químicos.
4. Montaxe de estacións de descontaminación.
5. Práctica de campo de neutralización dun ácido.
6. Práctica de sinalización de vehículos e clasificación de emerxencia.
7.Técnicas de actuación ante sinistros con materias sólidas corrosivas.
8. Técnicas de actuación ante sinistros con líquidos corrosivos: Mergullo Químico, taponación e Neutralización.
9. Práctica de identificación de cisternas.
10. Técnicas de intervención en presenza de substancias perigosas.
11. Práctica de permeabilidade de traxes con gas tóxico en colector.
12. Práctica de accidente químico en interior de nave frigorífica.
13. Actuación ante amoníaco: cubrición e relicuación. Descontaminación.

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios

Destinatarios específicos:

O curso vai dirixido a profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:

En caso de ser requiridos pola Agasp, os/as solicitantes deberán acreditar a súa categoría profesional o primeiro día do curso mediante un certificado da súa xefatura de persoal.

Inscrición:

Gratuita