Formación en desfibrilación semiautomática externa (DESA) para persoal non sanitario

Código: 132175
Número da edición: 6
Horas lectivas: 8
Prazas: 18
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 20/11/2013 - 20/11/2013
Lugar: Redondela (Pontevedra)
Localización: Aula Base de Protección Civil (Subida a Estación s/n - Redondela)
Clase ou local: Aula na base de Protección Civil
Horario: mañá:10.00-14.00 tarde:16.00-20.00
Días: 20 de novembro de 2013
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria para a utilización e manexo dos desfibriladores externos, co fin de conseguir:
1.Aumentar as taxas de supervivencia nos pacientes con morte súbita, conseguindo un acceso precoz a un sistema de emerxencias médicas.
2.Acurtar os tempos para realizar reanimación cardiopulmonar e a desfibrilación precoz.
Contido:
•Introdución.
•RCP básica. Recordo.
•Coñecemento teórico do DESA
•Recollida de datos (Utstein). Mantemento do aparato
•Exercicios prácticos:
-RCP básica
-Práctica DESA
-RCP + DESA (MEGACODE)
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
O curso vai dirixido ao persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil, ás/aos profesionais dos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e a outro persoal dos servizos de emerxencias.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Ser membros dos servizos de emerxencias e protección civil que dispoñan de equipo de desfibriladores externos
2. O persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil e as/os profesionais dos servizos municipais e supramunicipais de protección civil deberán ter realizado o curso básico de protección civil no ano 2012 ou anteriores a este.
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
Convocatoria: DOG 170 - 6 de setembro de 2013