Condución de vehículos todoterreo

Código: 132165
Data de inscrición: 27/09/2013 - 11/10/2013
Número da edición: 7
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 04/11/2013 - 06/11/2013
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 6 (teoría) - circuito (prácticas)
Horario: 9:30 -19:30 ; o día 6 so mañá: 9:30-14:00
Días: 4, 5 e 6 de novembro de 2013
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos teórico-prácticos necesarios para conducir con maior seguridade os vehículos todoterreo empregados na prestación do servizo público
Contido:
Teoría: 4 horas nas que se abordarán os seguintes temas:
- O vehículo: características técnicas (ángulos de ataque, ventral e de saída, inclinación lateral).
- Técnicas de condución (barro, neve, area, terreos accidentados, baixadas e subidas extremas)
- Rescate do vehículo (tracción directa, poleas e reenvíos, ancoraxes). Protocolos de seguridade nas manobras de rescate.
- Accesorios e mantemento do vehículo
- Lexislación: conservación da natureza, responsabilidade patrimonial.
Práctica: 16 horas de prácticas de condución en circuíto.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil, profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias e membros dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
• Os solicitantes deberán ter o permiso de conducir B1.
• Os solicitantes que sexan voluntarios de protección civil deben ter feito o curso básico de protección civil. Terán preferencia os que fixeron o curso básico no ano 2012 ou anteriores.
Inscrición:
Gratuita