Xornada sobre alertas por enxames de abellas e niños de avespas

Código:

132092

Data de inscrición:

26/06/2013 - 05/07/2013

Número da edición:

1

Horas docentes:

4

Prazas:

60

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

11/07/2013 - 11/07/2013

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Aula 1

Horario:

De 10:00 a 14:30 horas

Días:

11 de xullo de 2013

Obxectivos:

Adquirir a formación necesaria para coñecer como actuar cando se atopen con niños de avespas ou enxames de abellas que abandonaron as súas colmeas e estean ocasionando problemas á cidadanía

Contido:

Tema 1
•As abellas, avespas e abellóns son insectos sociais
•Vida e comportamentos destes insectos
•Reprodución
•Similitudes e diferenzas
•Onde viven e aniñan
•Sistema defensivo das abellas e das avespas
•Cando atacan as abellas e as avespas
•Efectos do veleno destes insectos. Persoas alérxicas
•Caixa de primeiros auxilios contra os efectos do veleno
Tema 2
•Métodos de colleita dun enxame de abellas
•Equipo de actuación: careta, luvas, afumador, funda
•Control de enxames imposibles de recoller
•Control de niños de avespas
•Métodos de control de enxames de abellas e niños de avespas en lugares de difícil acceso.

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
- Outros Destinatarios - Outros

Destinatarios específicos:

As xornadas van dirixidas ao persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia) e outras persoas interesadas no tema.

Inscrición:

Gratuita