Preparación de simulacros de plans de emerxencia exterior (PEE)

Código:

132090

Data de inscrición:

14/06/2013 - 28/06/2013

Número da edición:

2

Horas docentes:

15

Prazas:

80

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

15/10/2013 - 29/10/2013

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Horario:

9:30 a 14:30

Días:

15/10/2013 ao 29/10/2013

Obxectivos:

• Proporcionar información xeral sobre PEE aos distintos colectivos implicados nestes.
• Establecer as medidas de prevención e de información, así como a organización e os procedementos de actuación e coordinación dos medios e recursos asignados aos PEE e de entidades públicas e privadas co obxecto de previr e, se é o caso, mitigar as consecuencias dos accidentes graves nos que interveñen substancias perigosas sobre a poboación, o medio e os bens que poidan verse afectados.
• Revisar e actualizar os manuais operativos de intervención en emerxencias con riscos por substancias perigosas.
• Revisar o contido da plataforma informática REGAPE-SEVESO.
• Deseño de simulacros.

Contido:

Teoría
• Os plans de emerxencia exterior e a súa normativa reguladora
• Situación actual dos PEE en Galicia. Empresas galegas afectadas pola normativa PEE
• Análise do comportamento individual e sinérxico dos diferentes produtos en caso de accidente grave
• Operatividade: categoría de accidente, activación do plan, activación dos grupos operativos
• Operatividade: aviso ao CAE 112 Galicia, protocolos de actuacións, técnico de garda
• Descrición dun plan de emerxencia interior (PEI) e dun PEE nunha empresa concreta
• Operatividade dos PEE e a súa coordinación pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA)
• Implantación do PEE en diferentes empresas
• Funcionamento dos distintos grupos operativos: grupo de intervención, grupo sanitario, grupo de seguridade industrial e grupo de loxística e seguridade
• Operatividade de comunicacións nos PEE
Práctica
• Revisión dos manuais
• Deseño de un simulacro
• Participar simulacro deseñado de PEE.

Destinatarios:

- Persoal de PC e Emerxencias da Xunta de Galicia
- Outros Destinatarios - Outros

Destinatarios específicos:

•Persoal técnico da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
•Persoal técnico da Axencia Galega de Emerxencias (Axega)
•Responsables e membros dos grupos operativos dos plans de emerxencia exterior de Syngenta Agro SA (Pontevedra)

Inscrición:

Gratuíta