Ferramenta informática de análise do risco químico (FARQ-AXEGA).

Código: 132049
Data de inscrición: 17/04/2013 - 02/05/2013
Número da edición: 1
Horas lectivas: 28
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 17/06/2013 - 20/06/2013
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula de informática
Horario: 9.30 a 14.00 e de 16:00 a 20:00 horas (día 18 so tarde)
Días: 17/06/2013 ao 20/06/2013
Obxectivos:
Adquirir formación teórico-práctica no uso de ferramentas informáticas de modelización de escenarios nos que estean presentes substancias químicas ou mercadorías perigosas, determinación das variables do entorno e representación dos resultados sobre a cartografía dixital correspondente, que permitan a planificación e a toma de decisións en tempo real durante un incidente no que estean implicadas substancias químicas perigosas que podan afectar directa ou indirectamente ás persoas, aos bens materiais ou ao ambiente
Contido:
O contido estrutúrase en bloques relativos ás ferramentas informáticas de análise e simulación de escenarios, cartografía dixital asociada á zona e outras ferramentas auxiliares.
Os temas tratados son:
•Presentación da ferramenta FARQ-AXEGA.
•Introdución á cartografía dixital. Sistemas usados en Galicia
•Uso dunha aplicación típica en cartografía dixital.
•Instalación e configuración do FARQ-AXEGA
•Apoio á xestión do risco químico CAMEO
•Ferramenta de simulación de escenarios ALOHA
•Ferramenta de representación MARPLOT
•Representación e análise do risco con SVGIS
. Información complementaria

Tódolos temas incluén exercicios prácticos sobre os temas tratados e haberá un exercicio final de conxunto.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Escala de Mandos (Xefe de Unidade, Sección, Grupo ou Equipo)
Destinatarios específicos:
O curso vai dirixido a técnicos de garda do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, membros do Comité Asesor e responsables dos Grupos de Acción previstos nos Plans de Emerxencia Exterior de establecementos con risco químico e responsables dos servizos municipais de protección civil dos concellos que teñen risco alto derivado do trasporte de mercadorías perigosas.
Requisitos:
•Coñecementos medios de informática
Inscrición:
Gratuita