Apoio psicolóxico básico e manexo do estrés nos intervenientes en situacións críticas, de emerxencia

Código: 131128
Data de inscrición: 19/11/2013 - 29/11/2013
Número da edición: 1
Horas lectivas: 16
Prazas: 31
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 10/12/2013 - 12/12/2013
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30
Días: 10 e 12 de decembro
Obxectivos:
• Aprender pautas de apoio psicolóxico que poidan resultar de utilidade durante a actuación con vítimas e afectados tras unha situación crítica, emerxencia ou catástrofe.
• Coñecer en qué consisten os primeiros auxilios psicolóxicos.
• Coñecer os efectos do estrés e a súa prevención.
• Identificar reaccións que poden aparecer en situacións críticas, emerxencias ou catástrofes no interveniente.
• Aprender estratexias de afrontamento individual ante situacións estrésantes.
Contido:
Módulo 1 - Técnicas básicas de apoio psicolóxico para persoas afectadas por situacións críticas, de emerxencia ou catástrofes.
1. Conceptos básicos
2. Reaccións nas persoas afectadas: a nivel individual/grupal/social e a corto/medio/longo prazo.
3. Obxectivos da intervención psicolóxica con afectados por situacións críticas, de emerxencia ou catástrofe.
4. Primeiros auxilios psicolóxicos:
a. Obxectivos
b. Pautas de actuación con poboacións específicas: nenos, anciáns, persoas con deficiencias motoras e/ou sensoriais.
c. Pautas de actuación en accidentes de tráfico
Módulo 2. Manexo do estrés e autocoidado emocional nos intervenientes.
1. Papel e tarefas do persoal voluntario en situacións críticas, de emerxencia ou catástrofe.
2. O estrés:
a. Tipos e fontes de estrés.
b. Factores de risco individual, grupal, organizacional.
c. Reaccións máis habituais nos intervenientes.
d. Problemas máis frecuentes nos equipos de intervención.
3. Técnicas de afrontamento e recursos para diminuír o estrés:
a. Autoobservación de reaccións (fisiolóxicas, emocionais, conductuais, cognitivas)
b. Prevención antes, durante e despois
c. Técnicas de afrontamento e recursos para diminuír o estrés: individuais e grupais
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local