Sistema operativo, busca de información: internet/intranet e correo electrónico no entorno Windows

Código:

122160

Data de inscrición:

15/06/2012 - 29/06/2012

Número da edición:

3

Horas docentes:

30

Prazas:

40

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

01/08/2012 - 30/08/2012

Aula/local:

3ª Edición

Días:

1 ao 30 de agosto de 2012

Obxectivos:

Realizar unha aproximación ao funcionamento dos sistemas operativos, redes intranet e internet e xestores de correo electrónico no entorno Windows

Contido:

•Introdución ao ordenador (hardware e software)
•Utilización básica do sistema operativo
•Personalizar o ámbito
•Introdución a Internet
•Navegación pola World Wide Web
•Utilización e configuración do correo electrónico
•Transferencia de ficheiros FTP

Destinatarios:

- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Outros Destinatarios
- Corpos de Policía Local
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Bombeiros dos Parques Municipais - Cabo

Destinatarios específicos:

O curso vai dirixido a persoas de servizos que formen parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia) e que estean integradas nalgunha das seguintes categorías:
•Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil
•Profesionais de servizos relacionados coa xestión de riscos e de emerxencias, con independencia do réxime xurídico de xestión: servizos municipais de protección civil (grupos municipais de intervención rápida “Grumir” e outros servizos municipais de intervención en emergencias), servizos de extinción de incendios, etc.

Requisitos:

Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da AGASP (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónico ou “e-learning”) son de nivel básico:
Aspectos recomendables para o PC:
•A configuración mínima dun PC doméstico (en xeral, calquera con menos de cinco anos) é suficiente.
•Preferentemente conexión a Internet de Banda Ancha e un antivirus actualizado
•Navegador: Mozzila Firefox 2 (recomendado) ou Internet Explorer 6.0 ou superior
•Ter Javascript e cookies activadas no navegador
•Para ver os documentos en PDF necesitase ter instalado Acrobat Reader
•Para que funcionen algúns elementos correctamente necesítase ter instalado o Adobe Flash Player

Inscrición:

Gratuita