Básico de prevención de riscos laborais para bombeiros(1ª)

Código: 122148
Data de inscrición: 21/06/2012 - 05/07/2012
Número da edición: 1
Horas lectivas: 50
Prazas: 30
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 16/07/2012 - 07/09/2012
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: 1ª Edición
Horario: A través da plataforma de formación en liña
Días: 16 de xullo ao 7 de setembro do 2012
Obxectivos:
•Coñecer os dereitos e obrigas en relación a seguridade e saúde no traballo según a Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais
•Coñecer os principais riscos laborais ós que están expostos os bombeiros: riscos de seguridade, riscos hixiénicos e ergonómicos e riscos psicosociais
•Coñecer a forma en que se organiza a prevención de riscos laborais nos parques de bombeiros
•Coñecer as principais medidas preventivas que poden adoptar os bombeiros para facer fronte ós riscos ós que están expostos no seu traballo, en particular en situacións de emerxencias e primeiros auxilios
Contido:
•Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo
•Riscos xerais e a súa prevención
•Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade de bombeiro
•Elementos xerais de xestión da prevención de riscos
•Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Bombeiros dos Parques Municipais - Cabo
Destinatarios específicos:
O curso vai dirixido a profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e comarcais)
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da AGASP (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónico ou “e-learning”) son de nivel básico:
Aspectos recomendables para o PC:
•A configuración mínima dun PC doméstico (en xeral, calquera con menos de cinco anos) é suficiente.
•Preferentemente conexión a internet de banda ancha e un antivirus actualizado
•Navegador: Mozzila Firefox 2 (recomendado) ou Internet Explorer 6.0 ou superior
•Ter Javascript e cookies activadas no navegador
•Para ver os documentos en PDF necesítase ter instalado Acrobat Reader
•Para que funcionen algúns elementos correctamente necesítase ter instalado o Adobe Flash Player
Inscrición:
Gratuita