Sistemas de Información Xeográfica (SIX)

Código: 122137
Data de inscrición: 01/06/2012 - 31/07/2012
Número da edición: 2
Horas lectivas: 50
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 03/12/2012 - 18/12/2012
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula de informática
Horario: De 9:30 a 14:00 horas e de 15:15 a 19:30 horas
Días: 03/12/2012 ao 18/12/2012
Obxectivos:
Desenvolver as habilidades necesarias para a utilización de Sistemas de Información Xeográfica (SIX) fundamentados en software libre para a xestión de situacións de catástrofe e emerxencia. Isto incluirá:
•Coñecer os distintos tipos de SIX
•Coñecementos de fontes de datos espaciais
•Formación avanzada no manexo de Quatum GIS, SIX libre de ampla difusión a nivel mundial
•Aplicación con casos prácticos das leccións aprendidas
Contido:
O conxunto do curso será eminentemente práctico, reforzado cunha serie de charlas participativas nas que se proporcionará material de consulta. Estrutúrase en 3 módulos:
• Módulo 1: fundamentos das ferramentas e tecnoloxía a utilizar (8 horas)
• Módulo 2: manexo de Quantum GIS (Qgis) (40 horas)
• Módulo 3: experiencias da utilización dos SIX na xestión de catástrofes (2 horas)
Persoas destinatarias:
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias - Outro persoal profesional
Destinatarios específicos:
Técnicos de servizos relacionados coa protección civil e a xestión de emerxencias
Requisitos:
1.No caso de técnicos de servizos municipais deberán acreditar ter realizado previamente o curso de Plans de emerxencia municipal: elaboración e implantación.
2.As/os solicitantes seleccionadas/os deberán acreditar a súa categoría profesional o primeiro día do curso mediante un certificado da súa xefatura de persoal.
Inscrición:
Gratuita