Busca e salvamento en montaña e zonas illadas

Código: 122130
Data de inscrición: 01/06/2012 - 31/07/2012
Número da edición: 11
Horas lectivas: 20
Prazas: 15
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 22/09/2012 - 23/09/2012
Lugar: Ponteareas (Pontevedra)
Localización: Centro de desenvolvemento local
Horario: 9:30 A 14:00H 16:00 A 20:00H.
Días: 22 e 23 de setembro 2012
Obxectivos:
Dotar ao persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, ó que se refire o artigo 43 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, da formación básica necesaria para o exercicio da súa función.
Contido:
- Xeneralidades
- Coordinación do socorro
- Protocolos de busca. Distribución de tarefas
- Orografía e cartografía
- Lectura e interpretación de mapas
- Principios básicos de orientación e utilización do compás
- Métodos de busca de persoas desaparecidas
- Busca en situacións especiais
- Técnicas de busca e salvamento en zonas de difícil acceso
- Axentes agresores na montaña
- Actuacións en situacións de risco vital
- Técnicas de inmobilización e traslado con medios convencionais e improvisados
- Consellos prácticos para a prevención de accidentes
Persoas destinatarias:
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Corpos de Policía Local
Requisitos:
As/os solicitantes seleccionadas/os deberán acreditar a súa categoría profesional o primeiro día do curso mediante un certificado da persoa responsable da agrupación ou da/do xefa/e de persoal do concello.
Para ser admitidos os solicitantes deberán ter realizado o curso básico de protección civil antes do inicio do curso. Quedan exceptuados desta esixencia os solicitantes que sexan policías locais.
Inscrición:
Gratuito