Superior de protección civil

Código: 122114
Data de inscrición: 12/06/2012 - 26/06/2012
Número da edición: 1
Horas lectivas: 130
Prazas: 27
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 01/10/2012 - 27/11/2012
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: Mañá e tarde (Luns e martes) 9 a 14 h y 16 a 19 h,
Días: 01/10/2012 ao 27/11/2012
Obxectivos:
Adquirir a formación, capacitación e perfeccionamento profesional como persoal técnico en temas de protección civil, tendo en conta as súas funcións de responsabilidade na planificación, coordinación, dirección e toma de decisións en todo tipo de emerxencias.
Contido:
O curso consta de once módulos con clases teórico-prácticas:
Módulo I: riscos naturais
•Temporais, choivas, xeadas, fortes ventos
•Predición meteorolóxica, interpretación de boletíns, de fenómenos meteorolóxicos e mapas
•Movementos sísmicos
•Encoros
Módulo II: riscos tecnolóxicos
•Risco químico
•Transportes de mercadorías perigosas
•Risco radioactivo
•Risco por gas natural
Módulo III: prevención e protección contra os incendios urbanos e forestais
Módulo IV: tráfico e seguridade viaria
Módulo V: cartografía, orientación e localización. Interpretación de planos
Módulo VI: asistencia sanitaria e apoio psicolóxico en situacións de catástrofes e accidentes
Módulo VII: normativa legal
•A protección civil como servizo público
•Agrupacións de voluntarios de protección civil
•Responsabilidade civil e penal
Módulo VIII: análise de risco
Módulo IX: prevención: autoprotección e planificación
Módulo X: dirección e xestión das emerxencias
Módulo XI: información á poboación e aos medios de comunicación
•Telecomunicación e sistemas de información
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Escala de Mandos (Xefe de Unidade, Sección, Grupo ou Equipo)
Destinatarios específicos:
•Persoal técnico municipal que teña asumida a autoridade en materia de protección civil no concello.
•Xefe, subxefe ou xefe de unidade das agrupacións de voluntarios de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan realizado o curso básico e dous cursos de segundo nivel.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
Os/as solicitantes seleccionados deberán acreditar a súa categoría profesional o primeiro día do curso mediante un certificado da súa xefatura de persoal.
Inscrición:
Gratuita