Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Word 2010)

Código:

122109

Data de inscrición:

09/06/2012 - 18/06/2012

Número da edición:

1

Horas docentes:

30

Prazas:

40

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

25/06/2012 - 20/07/2012

Días:

25 de xuño ao 20 de xullo de 2012

Obxectivos:

Coñecer a aplicación informática de tratamento de textos “Microsoft Word 2010” e o seu manexo

Contido:

•Formatos avanzados
•Tabulacións
•Estilos
•Cabeceiras, pés de páxina e notas no pé
•Táboas
•Combinar correspondencia
•Configuración avanzada
•Manexo de macros e accións importantes de Word

Destinatarios:

- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Outros Destinatarios
- Corpos de Policía Local
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Bombeiros dos Parques Municipais - Cabo

Destinatarios específicos:

O curso vai dirixido ao persoal dos servizos do Sistema Integrado de Protección Civil e Emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia)

Requisitos:

Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da AGASP (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónico ou “e-learning”) son de nivel básico:
Aspectos recomendables para o PC:
•A configuración mínima dun PC doméstico (en xeral, calquera con menos de cinco anos) é suficiente.
•Preferentemente conexión a internet de banda ancha e un antivirus actualizado
•Navegador: Mozzila Firefox 2 (recomendado) ou Internet Explorer 6.0 ou superior
•Ter Javascript e cookies activadas no navegador
•Para ver os documentos en PDF necesítase ter instalado Acrobat Reader
•Para que funcionen algúns elementos correctamente necesítase ter instalado o Adobe Flash Player

Inscrición:

Gratuita