Xestión de incidencias e manexo de aplicación nos servizos de emerxencias asociados ao CAE 112 Galic

Código:

122081

Data de inscrición:

31/08/2012 - 14/09/2012

Número da edición:

1

Horas docentes:

30

Prazas:

25

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

08/10/2012 - 16/10/2012

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Aula de informática 1

Horario:

De 09:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:00 horas

Días:

8, 9, 15 e 16 de outubro de 2012

Obxectivos:

Formarse como coordinador e xestor de emerxencias de organismos que sexan ou prevexan ser servizos xestores asociados, integrados co CAE 112 Galicia mediante o sistema de xestión de emerxencias Remoto EGA Web.

Contido:

Parte teórica:
•Aplicacións informáticas de xestión de emerxencias nos organismos xestores asociados ao CAE 112 Galicia:
-Sistema EGA (Emerxencias Galicia):
1.Remoto EGA Web.- aplicación de xestión e despacho de incidencias
2.GIS EGA.- aplicación que integra funcionalidades propias dun GIS (Sistema de Información Xeográfica) con funcionalidades dun sistema de Xestión de Flotas
3.EGA Móbil.- aplicación de xestión e despacho de incidencias instalada en dispositivos móbiles (PDA, Tablet PC, etc)
-Portal Web da AXEGA e do CAE 112 Galicia (www.axega112.org)
-Catálogo de Medios e Recursos de Galicia
-Sistema de información Territorial da AXEGA de apoio á xestión de emerxencias
-Sistema de Aviso á Poboación para Emerxencias de Risco Químico
•O sistema de atención ás emerxencias do CAE 112 Galicia
•O grupo de apoio loxístico ás emerxencias da AXEGA (GALI)
Parte práctica:
•Laboratorio Informático de utilización do Sistema EGA.- alta de incidencias, cooperación de varios organismos nunha mesma incidencia, xeoposicionamento das incidencias, creación de puntos de interese, asociación de documentos e fotografías, etc.
•Visita á base operativa do GALI e demostracións prácticas.
•Visita guiada ao CAE 112 Galicia: visita ás instalacións e posta en práctica da operativa do centro.

Destinatarios:

- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Corpos de Policía Local
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Bombeiros dos Parques Municipais - Cabo

Destinatarios específicos:

Persoal de organismos que xa estean ou prevexan estar integrados co CAE 112 Galicia como servizo xestor asociado mediante o sistema de xestión de emerxencias Remoto EGA Web, e que pertenzan a algunha das seguintes categorías profesionais:
•Persoal profesional de servizos municipais de extinción de incendios e salvamento
•Persoal profesional de extinción de incendios e salvamento dos Consorcios comarcais e provinciais.
•Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil
•Profesionais dos servizos municipais de protección civil (grupos municipais de intervención rápida “Grumir” e outros servizos municipais de intervención en emerxencias).
•Persoal doutros organismos que non pertenzan ós enumerados anteriormente, pero que si dispoñan ou desexen dispor do sistema de xestión de emerxencias Remoto EGA Web do CAE 112 Galicia.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:

1.O persoal de protección civil debe ter realizado o curso básico de protección civil antes do inicio do curso.
2.As/os solicitantes seleccionadas/os deberán acreditar a súa categoría profesional o primeiro día do curso mediante un certificado da súa xefatura de persoal.

Inscrición:

Gratuita