Intervención psicolóxica nunha catástrofe sísmica

Código: 122076
Data de inscrición: 19/04/2012 - 03/05/2012
Número da edición: 1
Horas lectivas: 12
Prazas: 70
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 01/06/2012 - 02/06/2012
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 2
Horario: Venres de 17 a 21 h. e sábado de 10 a 14 y 16 a 20 h.
Días: 1 e 2 de xuño de 2012
Obxectivos:
1. Achegar os asistentes ao ámbito catastrófico vivido polos cidadáns de Lorca
2. Introducir os participantes nos procedementos iniciais de mando e control que guiaron a intervención nas primeiras horas da catástrofe
3. Desenvolver a intervención do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), e a súa interoperatividade con outros servizos durante a catástrofe
4. Analizar o papel dos equipos de psicólogos de emerxencias en grandes catástrofes
5. Localizar o psicólogo de emerxencias na planificación da emerxencia e nas distintas fases desta
6. Realizar un xuízo crítico sobre a intervención nesta catástrofe
Contido:
A metodoloxía utilizada será de clases teóricas participativas nas que se tratarán os seguintes temas:
1.Breve introdución: experiencias anteriores
2.Serie sísmica do 11 de maio de 2011 en Lorca (Murcia)
3.Primeiras horas da catástrofe do 11 de maio
4.Intervención coordinada do GIPCE
5.Participación do psicólogo de emerxencias e catástrofes dende a perspectiva dos técnicos de emerxencias:
•Participación na planificación
•Prevención
•Coordinación
•Intervención
•Actuación post-emerxencia
•Experiencia do Servizo de Emerxencias de Lorca
6.Plans de emerxencia sísmicos e autoprotección
7.Fase postcatastrófica:
•Programa para o fortalecemento da resiliencia
•Rede de consultas privadas
8.Fase de normalización:
•Poboación
•GIPCE
•Asesoramento
9.Reflexións e leccións aprendidas
Persoas destinatarias:
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Outros Destinatarios - Outros
Destinatarios específicos:
•Membros do GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias)
•Profesionais da psicoloxía que estean colexiados no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
•Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil
•Profesionais dos servizos municipais de protección civil (grupos municipais de intervención rápida “Grumir” e outros servizos municipais de intervención en emerxencias)
Requisitos:
•Para ser admitidos no curso, os solicitantes que sexan persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil ou profesionais dos servizos municipais de protección civil (grupos municipais de intervención rápida “Grumir” e outros servizos municipais de intervención en emerxencias), deberán ter realizado previamente o curso básico de protección civil.
•As/os solicitantes seleccionadas/os deberán acreditar a súa categoría profesional o primeiro día do curso mediante un certificado da súa xefatura de persoal.
Inscrición:
Gratuita