Intervención en emerxencias en torres eólicas

Código:

122031

Data de inscrición:

03/03/2012 - 22/03/2012

Número da edición:

3

Horas docentes:

21

Prazas:

15

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

14/05/2012 - 15/05/2012

Lugar:

Barreiros (Lugo)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Parque de Bombeiros

Horario:

Mañá 9:00 a 14:00 Tarde 16:00 a 19:00

Días:

14 e 15 de maio de 2012

Obxectivos:

Dotar aos profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcio), ao persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil e ás/aos profesionais dos servizos municipais de protección civil (grupos municipais de intervención rápida “Grumir” e outros servizos municipais de intervención en emerxencias), que forman parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia), da formación necesaria para poder intervir nos casos de emerxencias en torres eólicas.

Contido:

• Uso e evacuación de elevadores de servizo
• Extinción de incendios en aeroxeradores
• Evacuación. Descensor de aeroxeradores
• Primeiros auxilios
• Rescate en vertical. Tubo. Nacelle. Escaleira

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Bombeiros dos Parques Municipais - Cabo

Requisitos:

As/os solicitantes seleccionadas/os deberán acreditar a súa categoría profesional o primeiro día do curso. Esta acreditación, según o colectivo ao que pertenza o solicitante, farase mediante un certificado do xefe do parque de bombeiros, da persoa responsable da agrupación ou da/do xefa/e de persoal do concello.
Para ser admitidos no curso, os solicitantes que sexan persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil ou profesionais dos servizos municipais de protección civil (grupos municipais de intervención rápida “Grumir” e outros servizos municipais de intervención en emerxencias), deberán ter realizado previamente o curso básico de protección civil antes do inicio do curso.

Inscrición:

Gratuita

Requests:

Só se poderá inscribir nunha das edicións do curso.