Adaptación para o persoal de nova incorporación á Unidade do CNP adscrita á CCAA de Galicia

Código:

121079

Número da edición:

1

Horas docentes:

120

Prazas:

128

Modalidade:

Semipresencial (en liña + presencial)

Data Inicio - Fin:

29/10/2012 - 14/12/2012

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Aula 1

Horario:

De 9.00 a 13.30 horas

Obxectivos:

- Que o persoal con novo destino na Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia acade os coñecementos imprescindibles nas distintas áreas de actuación profesional, derivadas da súa dependencia funcional das autoridades da Comunidade Autónoma, que lle permitan desenvolver o seu traballo coas suficientes garantías dende o comezo da súa estadía na UPA.

Contido:

Módulo I: estatutario e institucional
1.- Funcións, estrutura, obxectivos e coordinación da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia
2.- Consellerías e institucións da Xunta de Galicia
3.- Normativa policial de referencia á UPA e CNP
4.- Normativa e estrutura da Protección Civil en Galicia
5.- Dereito estatutario e normativa galega de interese
Módulo II: normativo
1.- Normativa en materia de saúde pública, política agroalimentaria e sanidade animal
2.- Normativa en materia de medio ambiente
3.- Normativa en materia de incendios
4.- Normativa en materia de patrimonio
5.- Normativa en materia de familia e menores
Módulo III: operativo
1.- Seguridade estática e dinámica. Dispositivos de seguridade.Violencia radical
2.- Actuación policial en materia de familia e menores
3.- Actuación policial en materia de medio ambiente, incendios e sanidade animal
4.- Actuación policial en materia de patrimonio
5.- Actuación policial en materia de loita contra o furtivismo e o marisqueo ilegal
Módulo IV: documental
1.- Elaboración de atestados e documentos internos
2.- Lingua galega: gramática e vocabulario

Destinatarios:

- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia