Plan anual de adestramento regulamentario para a seguridade no manexo no das armas (2ª edición)

Código: 121074
Número da edición: 2
Horas lectivas: 1.5
Prazas: 0
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 05/11/2012 - 29/11/2012
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Galería de tiro da AGASP
Horario: de 9.30 a 21.00 horas
Días: de 9.30 a 14.00 h e de 16.30 a 21.00 h, de luns a xoves
Obxectivos:
- Facilitar o cumprimento do disposto no artigo 11.4 da Lei 4/2007, de coordinación de policías locais.
- Dispoñer de persoal actualizado nas prácticas de armamento e tiro policial de defensa.
- Controlar a práctica anual e regulamentaria do cadro de persoal, mediante un control e unha cartilla de tiro individual.
- Establecer distintos niveis para categorías de tirador segundo a seguridade e habilidade que amosen no manexo das armas.
Contido:
- Repaso das medidas de seguridade coas armas de fogo
- Prácticas de tiro coa arma regulamentaria
- Técnicas elementais de tiro
- Tiro de precisión
- Percorridos de tiro
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Requisitos:
A actividade vai dirixida aos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan interese en cumprir co disposto no artigo 11.4 da Lei 4/2007, relativo a garantir unha adecuada preparación no uso da arma regulamentaria para o persoal dos corpos de policía local.
Inscrición:
Preferencia para aqueles concellos que adquirisen recentemente armas regulamentarias.
Solicitudes:
Remitir formulario que se atopa na páxina web antes do día 24 de outubro de 2012.