Intervencións nos rescates en ríos, riadas e inundacións.

Código:

112110

Número da edición:

1

Horas docentes:

30

Prazas:

14

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

17/10/2011 - 20/10/2014

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Aula 6

Horario:

de 9.30 a 19.00 horas

Días:

17 a 20 de outubro de 2011

Obxectivos:

- Dotar ao persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, o que se refire o artigo 43.3º da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, da formación necesaria para o exercicio da súa función e que adquiran coñecementos teórico-prácticos para poder acometer en suficientes condicións de seguridade un rescate tanto en augas rápidas coma no transcurso dunha inundación.

Contido:

Teoría:
7 horas nas que se abordarán os seguintes temas:

- O río: introdución á hidroloxía
- Equipamento
- Coñecementos básicos de material e instalacións de rescate con cordas
- Principios básicos do rescate en ríos
- Técnicas de rescate de vítimas dende a beira
- Técnicas de rescate de vítimas dende a auga
- Técnicas de rescate de vítimas utilizando embarcacións

Práctica:
23 horas nas que se abordarán as seguintes prácticas:

- Lectura do río: Identificación dos riscos, tipos de correntes, etc.
- Uso dos equipos de protección persoal
- Utilización do material de rescate
- Entrada na auga
- Posturas, trazado de rumbos e tipos de natación
- Soltas rápidas
- Sorteo de obstáculos
- Vadeos
- Autorrescates
- Organización dun rescate (Equipos de traballo)
- Rescate de vítimas dende a auga
- Rescate de vítimas dende a beira
- Montaxe de instalacións con cordas
- Distintas opcións de rescate de vítimas utilizando unha embarcación
- Evacuación de víctimas
- Comunicación entre os rescatadores

Destinatarios:

- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia

Requisitos:

Destinatarios/as: O curso vai dirixido a:
1. Persoal profesional dos servizos municipais de extinción de incendios e salvamento que teñan asinado convenio de colaboración coa AGASP.
2. Persoal profesional de extinción de incendios e salvamento dos parques comarcais.
3. Persoal profesional e voluntario dos servizos municipais de protección civil.

Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Todos os participantes deberán acreditar coñecementos básicos de natación e achegar un certificado médico oficial o primeiro día do curso no que se faga constar expresamente que o/a alumno/a reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización de exercicios de natación e desenvolvemento no medio acuático.
Os alumnos deberán asistir ao curso provistos de traxe de neopreno (grosor mínimo recomendable: 7 mm), escarpíns de sola dura tipo botín e luvas de neopreno (grosor mínimo recomendable: 2 mm)
No caso de persoal voluntario deberán ter realizado o curso básico de protección civil no ano anterior a esta convocatoria.