Condución de vehículos todoterreo

Código:

112094

Número da edición:

5

Horas docentes:

20

Prazas:

20

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

02/11/2011 - 04/11/2011

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Caseta madeira

Horario:

de 9.30 a 14.30 horas

Obxectivos:

- Conseguir que os/as integrantes dos servizos de emerxencias e protección civil así como os axentes forestais dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais adquiran coñecementos teórico-prácticos para conducir con maior seguridade os vehículos todoterreo empregados na prestación do servizo público.

Contido:

Teoría:
4 horas nas que se abordarán os seguintes temas:
- O vehículo: características técnicas (ángulos de ataque, central e de saída, inclinación lateral).
- Técnicas de condución (barro, neve, area, terreos accidentados, baixadas e subidas extremas)
- Rescate do vehículo (tracción directa, poleas e reenvíos, ancoraxes). Protocolos de seguridade nas manobras de rescate
- Accesorios e mantemento do vehículo
- Lexislación: conservación da natureza, responsabilidade patrimonial
Práctica:
16 horas de prácticas de condución en circuito.

Destinatarios:

- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia

Requisitos:

O curso vai dirixido ao persoal profesional de servizos relacionados coa xestión de riscos e emerxencias e persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas que teñen como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
No caso de persoal voluntario deberán ter realizado o curso básico de protección civil no ano anterior a esta convocatoria.