Formación específica para obter a habilitación BTP (en liña)

Código: 112085
Número da edición: 2
Horas lectivas: 24
Prazas: 150
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 08/08/2011 - 24/09/2011
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: segundo disposición e necesidade do alumnado
Obxectivos:
- Facilitar aos efectivos policiais dependentes dos corpos de policía local, aos bombeiros, persoal de protección civil e axentes forestais a formación específica necesaria para obter un certificado que acredite a suficiencia dos coñecementos exixidos para a habilitación que faculte a conducir os vehículos prioritarios aos que se refire o artigo 7.3 do Regulamento xeral de condutores, certificado que substituirá as probas que dito regulamento prevé no seu artigo 51.3 e que permitirá que a Xefatura Provincial de Tráfico lles expida os correspondentes permisos de condución
Contido:
- Os vehículos que autoriza a conducir a autorización BTP no tráfico. O permiso por puntos
- Requisitos administrativos para circular, relativos ao condutor, ao vehículo, á carga e ás persoas transportadas
- O condutor e as súas aptitudes psicofísicas. O alcohol
- O condutor e as súas actitudes. Comportamento cara os demais usuarios
- O vehículo: Seguridade activa e pasiva. O cinto de seguridade. Sistemas de iluminación. Inspeccións técnicas periódicas. Sinais nos vehículos
- Normas e sinais reguladoras da circulación especificamente relacionados cos vehículos que habilita a conducir a autorización BTP:
- Utilización de carrís. Velocidade. Circulación en sentido contrario
- Condutores de vehículos de transporte escolar, de taxis e de prioritarios
- Paradas e estacionamentos
- Sinais específicas. Semáforos reservados a taxis
- Factores relativos á carga do vehículo e ás persoas transportadas. Transporte escolar en vehículos de ata nove prazas. Transporte público de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas. Transporte de persoas en vehículos de asistencia sanitaria
- A condución segura e os accidentes de circulación: comportamento e primeiros auxilios en caso de accidente
Persoas destinatarias:
-
Requisitos:
As/os interesadas/os deberán posuír o permiso de clase B con alomenos 1 ano de antigüidade.