Ferramenta informática de análise do risco químico (FARQ-AXEGA)

Código: 112044
Número da edición: 1
Horas lectivas: 28
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 20/06/2011 - 23/06/2011
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula de informática
Horario: de 9.30 a 14.00 e de 15.30 a 18.30 horas
Obxectivos:
- Dotar ao persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, o que se refire o artigo 43.3º da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, da formación básica necesaria para obter a acreditación necesaria para o exercicio da súa función.
Con este obxectivo neste curso teórico-práctico formarase ao citado persoal no uso de ferramentas informáticas de modelización de escenarios nos que esten presentes substancias químicas ou mercadorías perigosas, determinación das variables do entorno e representación dos resultados sobre a cartografía dixital correspondente, que permitan a planificación e a toma de decisións en tempo real durante un incidente no que estén implicadas substancias químicas perigosas que podan afectar directa ou indirectamente ás persoas, aos bens materiais ou ao medio ambiente.
Contido:
- Presentación da ferramenta FARQ-AXEGA.
- Introdución a cartografía dixital. Sistemas usados en Galicia
- Uso dunha aplicación típica en cartografía dixital.
- Instalación e configuración do FARQ-AXEGA
- Apoio a xestión do risco químico CAMEO
- Ferramenta de simulación de escenarios ALOHA
- Ferramenta de representación MARPLOT - Representación e análise do risco con SVGIS
- Información complementaria

Tódolos temas incluén exercicios prácticos sobre os temas tratados e haberá un exercicio final de conxunto.
Persoas destinatarias:
-
Requisitos:
O curso vai dirixido a técnicos de garda do servizo integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, membros do Comité Asesor dos Plans de Emerxencia Exterior de industrias con risco químico, responsables do Posto de Mando Avanzado en Plans de Emerxencia Exterior de industrias con risco químico, membros do Grupo de Seguimento e Avaliación dos Plans de Emerxencia Exterior de industrias de risco químico, responsables dos Servizos Contraincendios e Salvamento de Galicia que formen parte do Grupo de Intervención nun Plan de Emerxencia Exterior dunha industria de risco químico (cadros de mando superiores con experiencia en planificación do risco químico e intervención en incidencias con produtos químicos), técnicos especialistas en emerxencias nucleares, radiolóxicas, bacteriolóxicas e químicas NRBQ.