Práctico na loita contra incendios

Código:

112035

Número da edición:

2

Horas docentes:

20

Prazas:

20

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

02/05/2011 - 03/05/2011

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

AGASP

Horario:

de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas

Días:

2 e 3 de maio de 2011

Obxectivos:

Dotar ao persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, o que se refire o artigo 43.3º da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, da formación básica necesaria para obter a acreditación necesaria para o exercicio da súa función.

Contido:

1. Equipos de protección térmica
2. Extinción de incendios clase A-B
3. Manexo de equipos ERA
4. Rede contra incendios:
a. Conexión/desconexión; tendido/pregado.
b. Construción de liñas de extinción con mangueiras de diferentes tipos e diámetros, liñas de distribución, protección e ventilación. Montaxe de diferentes sistemas de xeración de espuma. Manexo de diferentes clases de espumóxeno, con indicación das súas vantaxes e inconvenientes.
c. Prácticas estáticas con presión de auga, e adestramento na composición de equipos de extinción.
5. Módulo de igualdade de oportunidades.

Destinatarios:

- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia

Requisitos:

O curso vai dirixido ao persoal profesional de servizos relacionados coa xestión de riscos e emerxencias e persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas que teñen como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).