Condución e manexo de vehículos autobomba para persoal dos servizos de prevención e defensa contra i

Código: 112020
Número da edición: 1
Horas lectivas: 9
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 13/06/2011 - 13/06/2011
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: de 9.30 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 horas
Obxectivos:
- Conseguir que os/as conductores/as de vehículos motobomba de diferentes servizos de emerxencias e protección civil adquiran coñecementos teórico-prácticos para conducir con maior seguridade os vehículos motobomba empregados na loita contra incendios.
Contido:
Teoría:
2 horas nas que se abordarán os seguintes temas:
- Posición de condución
- Movementos do volante
- Traxectorias
- Adherencia do pneumático
- Uso freo acelerador
- Transferencia de masas, centro de gravidade, eixe balanceo
- Condución todo terreo
- Características das motobombas
- Peculiaridades no uso do acelerador/freo/embrague e caixa de cambios
- Ángulo de ataque, ángulo de saída. Pendentes lonxitudinais
- Ángulo de cresta
- Ángulo de inclinación transversal
- Subida e baixada de superficies deslizantes

Práctica:
7 horas de prácticas de condución en simulador e en circuíto e manexo de bombas. Para a realización das prácticas cada alumno ou grupo de alumnos procedentes dun mesmo servizo deberán traer a súa motobomba, de xeito que haxa como mínimo un vehículo motobomba por cada tres alumnos
Persoas destinatarias:
-
Requisitos:
un curso vai dirixido aos profesionais dos servizos de protección civil dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan asinado convenio coa Xunta de Galicia para o funcionamento do Grumir e o outro aos condutores de vehículos motobomba dos diferentes servizos de emerxencias ao servizo das Administracións Públicas.