Tiro defensivo policial e utilización da pistola de servizo

Código: 10TIDEF01
Número da edición: 1
Horas lectivas: 16
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 13/03/2010 - 14/03/2010
Lugar: Coruña, A (Coruña, A)
Localización: Centro Policía Nacionalo en Lonzas
Horario: Día 13: de 10.30 a 15.30 e de 16.00 a 21.00 horas; Día 14: de 9.30 a 15.30 horas
Obxectivos:
- Proporcionar aos funcionarios policiais habilidades para o tiro.
- Proporcionar aos funcionarios policiais coñecementos de posicións de tiro cara á operativa policial.
- Potenciar o desenvolvemento de hábitos que promovan a confianza e a preparación técnica en materia do manexo da pistola de servizo.
- Actualizar aos funcionarios policiais en técnicas defensivas de tiro policial.
- Adquisición de protocolos de seguridade con armas.
Contido:
- Teórica do tiro. Encare do arma. Elementos de puntería
- Clases de tiro: de combate, deportivo, policial....Diferenzas e características
- O tiro defensivo policial
- Empuñamento do arma
- Desenfundes, entrenamento
- Fundas para portar o arma, características e utilización
- Posicións de tiro mais habituais: características
- Posicións especiais de tiro; características
- Entrenamento das posicións de tiro
- Encadenamentos das posicións de tiro
- Municións para tiro, municións para defensa policial
- Progresións coa arma de fogo
- Progresións por binomios con armas de fogo
- Defensa da arma de fogo ante intentos de substracción, desarmes, etc.
- O entrenamento de tiro en seco
- Prácticas de tiro con munición real
- Situacións prácticas de tiro policial
Persoas destinatarias:
-
Requisitos:
Funcionarios policiais, os cales deberán ter unha predisposición á realización dun exercicio físico moderado.
Inscrición:
A inscrición das persoas interesadas será totalmente gratuita.