Control e extinción de incendios de interior
Código:
1010EM202
Número da edición:
2
Horas lectivas:
35
Prazas:
14
Modalidade:
Presencial
Data inicio - fin:
25/10/2010 - 29/10/2010
Lugar:
Estrada, A (Pontevedra)
Localización:
AGASP
Horario:
9:00 a 13:30 e 15:30 a 18:30
Días:
25/10/2010 - 29/10/2010
Obxectivos:
dotar ao persoal dos servizos contra incendios e de salvamento dunha formación homoxénea conforme o establecido no artigo 46 da lei 5/2007, de 2 de maio, de emerxencias de Galicia. Con este obxectivo, neste curso teórico-práctico formarase ao citado persoal na execución de operacións de control e extinción de incendios de interior, recoñecemento do efecto flashover, loita contra él con seguridade e rescate de vítimas.
Contido:
o contido de cada curso divídese en dúas partes:
1ª Parte teórica de 8 horas de duración, na que se tratarán aspectos relativos a física e química do lume, o fenómeno flashover, buceo en fume, dinámica de fluídos na ventilación e tipos e métodos de ventilación
2º Parte práctica, de 27 horas de duración, na que se realizarán diferentes exercicios de rastreo, localización e rescate en interiores con fogo real.

Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais - Cabo
Requisitos:
o curso va dirixido ao persoal dos diferentes servizos contra incendios e salvamento de Galicia: parques dos consorcios contraincendios e salvamento e parques municipais.
Inscrición:
A inscrición das persoas interesadas será totalmente gratuita.