Bombeiros de nova incorporación

Código: 1010EM101
Número da edición: 1
Horas lectivas: 100
Prazas: 14
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 06/09/2010 - 24/09/2010
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: AGASP
Horario: 9:30 A 13:30 E 15:30 A 16:30 h
Obxectivos:
dotar ao persoal que ingresou recentemente nos servizos contra incendios e de salvamento de parques municipais dunha formación inicial práctica homoxénea necesaria para o exercicio da súa función conforme o establecido no artigo 46 da lei 5/2007, de 2 de maio, de emerxencias de Galicia.
Contido:
Neste curso trataranse os seguintes temas:
1. Módulo 1: extinción de incendios (42 h).
2. Módulo 2: excarceración en accidentes de tráfico (14 h).
3. Módulo 3: intervención ante sinistros con mercadorías perigosas (14 h)
4. Módulo 4: primeiros auxilios (8 h)
5. Módulo 5: rescate urbano en altura (22 h)
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais - Cabo
Requisitos:
os cursos van dirixidos aos funcionarios que se incorporaron nos anos 2009 ou 2010 aos servizos de extinción de incendios e salvamento dos concellos que teñan asinado con anterioridade á data de inicio do curso un convenio de colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública en materia de formación de bombeiros de nova incorporación.
Non poderá optar ao curso o persoal que este contratado con carácter temporal ou eventual.
Inscrición:
A inscrición das persoas interesadas será totalmente gratuita.