Técnicas de condución segura con 4x4

Código: 101057
Número da edición: 1
Horas lectivas: 10
Prazas: 22
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 03/11/2010 - 03/11/2010
Lugar: Forcarei (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: de 8.30 a 20.30 horas
Obxectivos:
- Adestrar ós participantes para que acaden novas técnicas e habilidades para unha condución segura, e sexan capaces de afronta-lo manexo e o dominio do 4 x 4 ante situacións adversas.
- Formar ós traballadores encargados da condución deste tipo de vehículos para que traten de realiza-lo seu traballo cunha condución responsable, respectando as normas de circulación viaria.
- Tentar reducir ó mínimo os riscos laborais dos traballadores que deban de usa-los vehículos 4x4 como medio para o desenvolvemento ou a realización das súas funcións profesionais.
- Sinalar as peculiaridades da condución neste tipo de vehículo en estrada, realizando especial mención ós riscos específicos que comporta esta condución.
- Proporcionarlles ós alumnos os coñecementos básicos do funcionamento dun vehículo 4x4.
Contido:
TEÓRICO
- Peculiaridades da condución dun 4x4 en estrada.
- Coñecemento do 4x4.
- Técnicas de condución en 4x4

PRÁCTICO
- Series de condución en asfalto seco:
- Con 2x4
- Con 4x4
-Series de condución en asfalto mollado:
- Con 2x4
- Con 4x4
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia