PSICOLOXÍA APLICADA Á VIOLENCIA DE XÉNERO E ENTRADA POLICIAL EN LUGARES PECHADOS

Código: 09PAVXE01
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 09/11/2009 - 13/11/2009
Lugar: Vigo (Pontevedra)
Localización: Aula de formación da policía local
Horario: das 16:30 ás 20:30
Obxectivos:
- Reflexionar sobre a violencia de xénero
- Coñecer as cuestións xerais sobre comunicación humana. Afondar nese coñecemento no referido á acción policial en situacións críticas, atendendo aos obxectivos da intervención e aos implicados na mesma
- Coñecer as características psicolóxicas das situacións críticas e da comunicación nas mesmas.
- Coñecer enfoques e técnicas psicolóxicas útiles na intervención policial en violencia de xénero.
- Coñecer a importancia e posibilidade da autorregulación emocional.
- Información sobre desgaste profesional e a súa prevención.
Contido:
- As situacións críticas: individuais, grupais e colectivas. Características psicolóxicas e dinámica.
- Comunicación humana: tipos e habilidades de comunicación. Relación coas actitudes e emocións. Comunicación en situacións críticas.
- Conceptualización da violencia de xénero. Teorías explicativas. Mitos. Tipos.
- Agresor e vítima.
- Violencia de xénero e intervención policial: aspectos psicolóxicos.
- Primeros auxilios psicolóxicos.
- Autocontrol emocional.
- Estrés e desgaste profesional en Policía.
- Réxime xurídico das entradas en lugares pechados.
- Operativa de aproximación e entrada en lugares pechados.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Inscrición:
A inscrición das persoas interesadas será totalmente gratuita.