Fotografía dixital (internet)

Código:

09FOT

Número da edición:

1

Horas docentes:

25

Prazas:

50

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

23/03/2009 - 21/04/2009

Horario:

Sen límite

Obxectivos:

-Dotar o persoal dos corpos de seguridade dos coñecementos fundamentais para levar a cabo as tarefas máis importantes no campo da fotografía dixital aplicado á función policial, especialmente aos atestados por accidentes de tráfico.

Contido:

- Módulo fotográfico
- Módulo poliial.
- Módulo de edición fotográfica.

Destinatarios:

-

Inscrición:

3. Solicitudes de participación
Prazo de inscrición e presentación
O prazo para a inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 11 de marzo, ás 14 horas.

As persoas que desexen inscribirse nesta actividade cumprimentarán a súa solicitude de participación a través da páxina web da AGASP http://agasp.xunta.es, na alínea “Actividades formativas”, “cursos con inscrición aberta”, non sendo admisibles outros modelos de solicitude, sen necesidade de remiti-la documentalmente unha vez que teñan cumprimentado o correspondente formulario. A aplicación comunicaralle ao/á usuario/a a efectividade de ter cursada a solicitude.

Todas aquelas persoas que formalicen a solicitude de participación deberán inscribirse como alumna/o na plataforma de formación en liña da Academia, á que se accede a través da web http://agasp.xunta.es na alínea de “Formación en liña”.

Calquera continxencia para formalizar a inscrición na aula de formación en liña será atendida a través do teléfono 886-206107, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Publicacións admitidas:

Listaxe de solicitudes seleccionadas
O día 16 de marzo de 2009 a Academia Galega de Seguridade publicará no taboleiro de anuncios e no sitio web http://agasp.xunta.es, as solicitudes de participación que resultasen seleccionadas segundo os criterios previstos no artigo 20 do Regulamento de réxime interior da AGASP (Orde do 4 de febreiro de 2009. DOG núm. 30, 12/02/2009), en relación co artigo 45 do Decreto 246/2008, de 16 de outubro,