Técnicas de defensa persoal (Boiro)

Código: 071022
Número da edición: 2
Horas lectivas: 20
Prazas: 22
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 01/06/2007 - 09/06/2007
Lugar: Boiro (Coruña, A)
Localización: Por determinar
Horario: de 17.00 a 20.30 horas os días 1 e 2 e de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 h. os días 8 e 9 de xuño.
Obxectivos:
- Coñecer e dominar as técnicas básicas de defensa persoal policial, que permitan ao policía manter un alto nivel de seguridade e autoconfianza nas súas intervencións máis problemáticas.
- Coñecer e practicar novas técnicas de defensa persoal policial, como ferramenta para un axeitado uso da forza no desempeño profesional.
Contido:
- Prácticas básicas de defensa persoal policial.
- Técnicas de agrilloamento e báston policial
- Prácticas de técnicas operativas de defensa persoal policial.
- Novas técnicas aplicables á defensa persoal policial.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Inscrición:
A inscrición das persoas interesadas será totalmente gratuita.