Básico de policía científica

Código:

051029

Número da edición:

1

Horas docentes:

30

Prazas:

0

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

26/09/2005 - 30/09/2005

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Obxectivos:

-Coñecer como traballa a policía científica e as posibilidades que existen no campo da identificación policial.


-Saber cales son os sistemas e modos de identificación, así como as peculiaridades e necesidades de cada un deles.


-Dotar o policía dos coñecementos indispensables para que a súa actuación diante dun caso real sexa correcta.

Contido:

-A policía científica: o seu concepto. Funcións. A identificación como cometido.

-Identificación persoal: lofoscopia e subdivisións. A identificación lofoscópica.


-Formulación e subformulación de dactilogramas. O sistema dactilográfico español. A súa importancia.


-Os datos de detidos. A súa importancia na operativa policial. Actualidade desta: SAID.


-A inspección ocular. Fins. A acta. A importancia das actuacións previas: a protección.


-Marcas e indicios no lugar do feito. Importancia de marcas lofoscópicas e indicios biolóxicos.


-Marcas dactilares: tipos e condicións. Os soportes e a súa tipoloxía.

-O estudo das armas de fogo, a súa cartucharía e os seus efectos: balística forense.


-Estudos e peritacións dos documentos (manuscritos ou a máquina): a documentoscopia.

Destinatarios:

- Corpos de Policía Local