Documentación de condutores e vehículos extranxeiros

Código:

051008

Número da edición:

1

Horas docentes:

20

Prazas:

0

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

07/03/2005 - 11/03/2005

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Horario:

de 16.00 a 20.00 h

Obxectivos:

Dotar os membros das forzas e corpos de seguridade dos coñecementos fundamentais en materia documental (formato, medidas de seguridade, validez, etc.), profundizando nos relacionados coa condución e circulación de vehículos de motor e como complemento ás actividades relacionadas coa vixilancia do tráfico e o control policial.

Contido:

1. Documentos.
2. Permisos nacionais e internacionais de condución.
3. Documentos de circulación. Propiedade de vehículos.

4. Elementos de identificación de vehículos.
5. Falsificacións. Cotexos documentos dubitados e indubitados.

Destinatarios:

- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Outros Destinatarios
- Corpos de Policía Local

Requisitos:

Probas avaliativas.
O alumnado participante terá que superar un exame tipo test de preguntas e respostas alternativas de cada un dos módulos.
A non superación dun exame implica a baixa no curso e o/a alumno/a non será avaliado/a ao remate del.
Casos prácticos:
Establécese a realización dunha serie de casos prácticos de acordo cun calendario de presentación; a falta de presentación dalgún caso práctico no prazo establecido motivará a inmediata baixa no curso. No suposto de que os exercicios non acaden un nivel de exixencia mínimo segundo o criterio do profesor, faráselle unha primeira advertencia ao alumnado e, de non atender á indicación, poderá ser dado de baixa no curso.
Desenvolvemento das probas.
As probas avaliativas sinaladas, agás a proba final, desenvólvense a través da plataforma de formación en liña da academia.

Proba presencial final.

Desenvolverase na academia.
Tratase dunha proba xeral de coñecementos dos contidos do curso, a través dun exame, tipo test, de pr