Actualización en materia de dereito penal

Código:

041039

Número da edición:

3

Horas docentes:

20

Prazas:

0

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

31/05/2004 - 04/06/2004

Lugar:

Baiona (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Horario:

16.30 h. a 20.30 h.

Obxectivos:

Capacitar aos membros dos corpos de policía local para as funcións de policía xudicial que o ordenamento lles atribúe, instruíndoos sobre as dilixencias de investigación e comprobación dos delitos públicos, aseguramento dos presuntos responsables e as garantías observables para a súa incorporación eficaz ao xuízo oral.

Contido:

TEMA I. A policía xudicial en xeral, intervencións e garantías. A policía local como policía xudicial. As primeiras dilixencias e as informativas do Ministerio Fiscal.
TEMA II. Intervención nas materias referidas á seguridade viaria, conceptos básicos, normas de aplicación, atestados, funcións esenciais, protección das vítimas e identificacións.
TEMA III. A policía xudicial na lei do menor.
TEMA IV. Parte das dilixencias instrutoras que deben ser reproducidas no plenario. Ademais, algunhas especialidades como: circulación ou entrega vixiada, detención, traslado de detidos e protección de testemuñas.

Destinatarios:

- Corpos de Policía Local