Xornada sobre a problemática do botellón

Código:

00001

Número da edición:

1

Horas docentes:

8

Prazas:

300

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

17/11/2008 - 17/11/2008

Lugar:

Santiago de Compostela (Coruña, A)

Localización:

Palacio de Congresos e Exposicións

Horario:

De 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.30 horas

Días:

17/11/2008

Obxectivos:

-Coñecer os cambios sociais operados en relación coa temática da xornada.
-Valorar a oportunidade de actuacións das administracións sobre esta cuestión.
-Saber cales son as características que debe revestir a intervención policial, para conxugar axeitadamente o dereito dos mozos ao divertimento co dereito dos residentes ao descanso.

Contido:

-Aproximación sociolóxica a esta cuestión.
-Problemáticas sanitarias e de adición.
-Problemáticas sociais: ruídos, danos, lixos, etc.
-Solucións dende unha óptica multidisciplinar, aportadas polas administracións locais.

Destinatarios:

- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias

Inscrición:

A inscrición dos participantes será totalmente gratuita.

Publicacións admitidas:

A relación de admitidos publicarase o día 14 de novembro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade Pública e na páxina web http://agasp.xunta.es, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 886 206117/18/24.

Requests:

1. O persoal que desexe participar nesta xornada deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.
2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 13 de novembro de 2008, ás 14.00 horas.
3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade Pública, sita na Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (986 590028); ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.