Técnicas de defensa verbal

Código: 242113
Data de inscrición: 30/04/2024 - 06/05/2024
Número da edición: 4
Horas lectivas: 24
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 13/06/2024 - 17/06/2024
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: aula 4
Horario: 09:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30
Días: 13, 14 e 17 de xuño de 2024
Contido:
1.- Pirámide do uso da forza na intervención policial (1 hora)
2.- Situacións policiais cando fallan as palabras (1 hora)
3.- Frases tácticas para a comunicación policial (1 hora)
4.- Graos de alerta (1 hora)
5.- Clasificación das persoas na intervención policial para unha mellor utilización da palabra para alcanzar o cumprimento dos obxectivos profesionais (1 hora)
6.- As esquivas verbais (2 horas)
7.- Técnicas de autocontrol. Dominio da perspectiva (2 horas)
8.- Oito pasos tácticos en parada e control (1 hora)
9.- A escoita activa na comunicación policial (1 hora)
10.- O rol, a voz e a linguaxe non verbal na comunicación policial (2 horas)
11.- Posicionamento táctico e distancias de seguridade (2 horas)
12.- A mediación e a persuasión na comunicación policial (2 horas)
13.- O concepto PACE e as claves da comunicación policial (2 horas)
14.- Máximas dunha comunicación profesional (2 horas)
15.- Prácticas (3 horas)
Persoas destinatarias:
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Facultativos Medioambientais da Consellería de Medio Rural
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Forestais da Consellería de Medio Rural
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Técnicos Ambientais da Consellería de Medio Rural
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes forestais/medioambientes
Destinatarios específicos:
Axentes forestais e axentes facultativos/as medioambientais dos distritos forestais e servizos centrais
Requisitos:
- 4 prazas reservadas para cada unha das 4 provincias onde preste servizo o/a traballador/a e 4 para servizos centrais.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1. Terá prioridade o persoal que non fixese a mesma formación nos últimos 3 anos
2. Terá prioridade o persoal con maior antigüidade na administración autonómica, contabilizada como número de trienios e data de vencemento do último trienio
3 De acordo co artigo 155 da LeiI 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria
Inscrición:
Gratuíta
Publicacións admitidas:
RENUNCIA
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.