Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias

Código: 242063
Data de inscrición: 07/03/2024 - 13/03/2024
Número da edición: 1
Horas lectivas: 25
Prazas: 25
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 17/04/2024 - 08/05/2024
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Teoría: en liña - Prácticas: aula TAU
Horario: TEORÍA en liña: horario segundo as necesidades do alumnado - PRÁCTICA presencial na Agasp : 08 maio 9.00-14.00 e 15.30-20.30
Días: 17 de abril ao 8 de maio de 2024
Obxectivos:
Obter unha formación mínima para o persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia na sección do persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais
Persoas destinatarias:
- Auxiliar de información e primeiros auxilios en EAN
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.
Solicitudes:
Inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.
Sempre e cando a persoa solicitante da inscrición cumpra os requisitos establecidos no artigo 6 do Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia, a obtención do certificado de aproveitamento do curso acredita a formación mínima para a inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia na sección de “Persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais”.