Intervención en espazos confinados

Código: 242036
Data de inscrición: 21/02/2024 - 01/03/2024
Número da edición: 1
Horas lectivas: 14
Prazas: 40
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 02/04/2024 - 23/04/2024
Contido:
MÓDULO 1: ESPAZOS CONFINADOS, DEFINICIÓN, CARACTERÍSTICAS, NORMATIVA E RISCOS (2,5 horas)
Unidade 1. Introdución aos espazos confinados: definición, características, tipos, etc.
Unidade 2. Lexislación, normativa, guías de actuación e procedementos de traballo.
Unidade 3. Riscos potenciais presentes nos espazos confinados

MÓDULO 2: EQUIPOS PARA O TRABALLO EN ESPAZOS CONFINADOS E AVALIACIÓN ATMOSFERAS (6,5 horas)
Unidade 4. Equipos de protección individual e colectivo. Equipos de protección respiratoria.
Unidade 5. Material e equipos de rescate.
Unidade 6. Equipos de iluminación
Unidade 7. Avaliación da atmosfera.
Unidade 8. Ventilación.

MÓDULO 3: TÉCNICAS DE PROGRESIÓN EN ESPAZOS CONFINADOS (5 horas)
Unidade 9. Orientación e rastrexo en condicións de baixa ou nula visibilidade.
Unidade 10. Técnicas e procedementos de rescate.
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios)
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES)
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias
Requisitos:
1) Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso
2) Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)
3) Os solicitantes que realizasen o curso anteriormente so poderán ser seleccionados no suposto de existiren vacantes.
Inscrición:
gratuita

DOG núm. 36 - 20/02/2024
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.