Tripulación en embarcacións para preventivos acuáticos

Código: 222130
Data de inscrición: 12/03/2022 - 18/03/2022
Número da edición: 1
Horas lectivas: 21
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 13/05/2022 - 15/05/2022
Lugar: Pontevedra (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Edificio Advo. Xunta (avda. María Victoria Moreno 43) - Peirao das Corvaceiras
Horario: Venres de 16:00 a 21:00 e Sábado e Domingo de 09:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30
Días: 13, 14 e15 de maio de 2022
Contido:
Módulo 1: Lexislación e normativa. Funcións da tripulación
Módulo 2: Tipos de preventivos acuáticos
Módulo 3: Comunicacións
Módulo 4: Coñecemento básico da embarcación
Módulo 5: Colaboración con outros corpos de emerxencia
Módulo 6: Primeiros auxilios en embarcacións
Módulo 7: Manobras con embarcación
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita

DOG núm 49 - 11/03/2022
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.