Inglés básico na atención á cidadanía

Código: 222042
Data de inscrición: 16/02/2022 - 25/02/2022
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 30
Modalidade: Telepresenza
Data inicio - fin: 30/05/2022 - 03/06/2022
Contido:
Módulo 1: Introdución á lingua inglesa (4 horas)
Módulo 2: Conceptos básicos de atención cidadá (4 horas)
Módulo 3: Profundizando na atención cidadá (4 horas)
Módulo 4: Casos prácticos (comprensión e expresión) (4 horas)
Módulo 5: Peche: consolidando o aprendido (4 horas)
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
1. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
2. Os requirimentos técnicos para a formación por streaming
Inscrición:
gratuita

DOG NÚM.31 15/02/2022
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.