Apertura de portas en edificios e vehículos

Código: 212129
Data de inscrición: 12/10/2021 - 18/10/2021
Número da edición: 2
Horas lectivas: 16
Prazas: 20
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 30/11/2021 - 09/12/2021
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: teoría en liña / práctica presencial na Agasp aula 4
Horario: TEORÍA (en liña) (do 30 ao 8 ) / PRÁCTICA (presencial o 9 de decembro): 9.00-14.00 15.30-18.30
Días: do 30 de novembro ao 9 de decembro de 2021
Obxectivos:
- Adquirir os coñecementos mínimos, uso e correcta utilización das ferramentas que levan os vehículos de Bombeiros para desenvolver adecuadamente as técnicas básicas de apertura de portas en situación de emerxencia.
- Introdución na a arte do Lockpicking (ganzuado de bombillos) e Bumping.
Contido:
MÓDULO 1: FUNCIONAMENTO BÁSICO DE PECHADURAS. FERRAMENTAS E ACCESORIOS DE CERRALLERÍA;
• Historia da cerrallaría. Coñecemento da cerrallaría.
• Funcionamento básico das pechaduras
• Teoría e recoñecemento das diferentes pechaduras do mercado: pechaduras de seguridade, pechaduras de gorxa, serreta e patentadas.
• Uso e manexo das ferramentas empregadas nas aperturas de portas
• Diferenciación da calidade dos cilindros de perfil universal e o seu correcto funcionamento
• Diferentes técnicas de apertura en distintos tipos de pechaduras
• Descodificado de chaves. Cerrallaría de automoción e coñecemento dos “transponders”.

MÓDULO 2: TÉCNICAS DE APERTURA DE DIVERSOS TIPOS DE PECHADURAS. DESCODIFICADO DAS CHAVES:
• Apertura de porta por resbalón
• Apertura por cascanoces
• Apertura por extractor
• Coñecemento de ganzuado manual
• Coñecemento de ganzúa electrónica
• Apertura de porta por mirilla
• Apertura de portas de vehículos
• Aperturas por destrución
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bomberos de los servicios de extinción de incendios y salvamento (bomberos municipales y de consorcios) 55%
- Personal de los grupos de emergencia supramunicipales (GES) 30%
- Personal de los servicios municipales de protección civil y emergencias 15%
Requisitos:
Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita

DOG 196 - 11/10/2021
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante

Segundo a convocatoria. Non está permitida a realización de cursos relacionados na presente convocatoria que teñan simultaneidade nalgunha das súas datas. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia de datas con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.