Rescate en ríos, riadas e inundacións

Código: 212030
Data de inscrición: 16/02/2021 - 25/02/2021
Número da edición: 1
Horas lectivas: 24
Prazas: 20
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 21/06/2021 - 01/07/2021
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Teoría en liña/práctica presencial
Horario: TEORÍA (en liña) do 21 ao 29 de xuño: segundo disposición e necesidade do alumnado /PRÁCTICA: (30 de xuño e 1 de xullo): 09:00 a 17:00
Días: dende o 21/06/2021 ata o 01/07/2021
Obxectivos:
- Coñecemento do medio: Riscos potenciais e oportunidades de rescate.
- Coñecemento dos E. P.I.´ s E E. F.I.´ s específicos empregados no rescate acuático.
- Coñecemento das pautas e medidas básicas de seguridade.
- Coñecemento das técnicas de natación e evolución na auga.
- Coñecemento das técnicas básicas de rescate.
- Coñecemento das medidas básicas de atención a unha vítima.
Contido:
Módulo 1: Coñecemento do medio (1 hora)
Módulo 2: Equipos de protección individual e material de rescate (1 hora)
Módulo 3: Comunicacións (1 hora)
Módulo 4: Filosofía do rescate (1 hora)
Módulo 5: Tácticas de rescate (1 hora teoría + 9 horas prácticas)
Módulo 6: Técnicas evacuación (1 hora de teoría + 3 horas prácticas)
Módulo 7: Ancoraxes no medio natural (1 hora teoría + 1 hora práctica)
Módulo 8: Técnicas de busca (1 hora de teoría + 3 horas prácticas)
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios) - 55%
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES) - 30%
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias - 15%
Requisitos:
1) Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
2) Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)
3) Todos os participantes deberán ter coñecementos básicos de natación
4) EQUIPAMENTO que deberá traer o alumnado (PRÁCTICA): escarpíns de neopreno de sola dura, ou na súa falta escarpíns sen sola xunto con botas de trekking ou similar. Opcional: luvas de neopreno.
Inscrición:
Gratuita

DOG núm 30 - 15/02/2021
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.