prevención e intervención fronte ao acoso escolar e o ciberacoso
Código:
201150
Data de inscrición:
30/09/2020 - 14/10/2020
Número da edición:
1
Horas lectivas:
20
Prazas:
35
Modalidade:
En liña
Data inicio - fin:
19/10/2020 - 15/11/2020
Obxectivos:
sensibilizar aos profesionais das distintos Forzas e Corpos de Seguridade da importancia que o acoso escolar e o ciberacoso está a adquirir na sociedade actual, proporcionándolles ao mesmo tempo unha base de coñecemento sólida sobre os factores que interveñen en ambos os problemas, á vez que se proporcionan claves e ferramentas, tanto desde o punto de vista xurídico como psicosocial, para saber detectalo e xestionalo de acordo á legalidade vixente, axudando de forma áxil e eficaz ás familias e aos centros educativos.
Contido:
Tópicos a abordar: bullying, ciberbullying, victimización, violencia escolar, protocolo acoso
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil - Corpo Nacional de Policía - Corpos de Policía Local - Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia
Destinatarios específicos:
o curso terá unha duración de 20 horas e desenvolverase nun período de 4 semanas, cada unha delas supervisada por un titor diferente. O último venres de cada curso haberá unha sesión de videoconferencia a través da propia plataforma da AGASP, na que o alumnado poderá interactuar directamente con cada profesor, reforzar ideas crave e resolver posibles dúbidas. Cada profesor fixará na súa semana de interacción uns obxectivos docentes concretos, para cuxa consecución se apoiará en diferentes recursos e materiais (lecturas, vídeos, sentenzas, notas de prensa…) e na resolución de diferentes tarefas por parte dos alumnos, que contarán tamén cun foro de participación permanente