Práctico na loita contra incendios

Código: 132189
Data de inscrición: 08/11/2013 - 13/11/2013
Número da edición: 6
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 21/11/2013 - 22/11/2013
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 4
Horario: 9:00 a 14:30 e 15:30 a 20:00
Días: 21 e 22 de novembro de 2013
Obxectivos:
Perfeccionar as técnicas e habilidades necesarias para a loita contra incendios, desde un enfoque práctico.
Contido:
1. Equipos de protección térmica
2. Extinción de incendios clase A-B
3. Manexo de equipos ERA
4. Rede contra incendios:
a. Conexión/desconexión; tendido/pregado.
b. Construción de liñas de extinción con mangueiras de diferentes tipos e diámetros, liñas de distribución, protección e ventilación. Montaxe de diferentes sistemas de xeración de espuma. Manexo de diferentes clases de espumóxeno, con indicación das súas vantaxes e inconvenientes.
c. Prácticas estáticas con presión de auga, e adestramento na composición de equipos de extinción.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil, profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias e membros dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
os solicitantes que sexan persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil ou profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias, deberán ter realizado con anterioridade o curso de 2º nivel de incendios urbanos e forestais e terán preferencia as persoas que o fixeron no ano 2012 ou anteriores.
Inscrición:
Gratuita