Seminario sobre a prostitución: actualidade e repe

Código: UNICO
Número da edición: 1
Horas lectivas: 12
Prazas: 80
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 18/11/2008 - 19/11/2008
Lugar: Coruña, A (Coruña, A)
Localización: Edificio Admtvo. Monelos.
Horario: De 9:30 a 14:00
Obxectivos:
-Coñecer a crecente transcendencia para o sistema social actual das problemáticas relacionadas coa seguridade.
-Ver como os cambios sociais xeran unha multiplicidade de factores obxectivos de risco.
-Analizar cales son os factores ou fenómenos xeradores de inseguridade e as solucións que se dan desde as institucións e desde os estados.
Obxectivos específicos do sexto seminario permanente de seguridade pública sobre A prostitución: actualidade e repercusións sociais.
-Coñecer a situación actual da prostitución e as súas repercusións sociais.
-Ver como se intentan atallar os problemas derivados da prostitución desde as distintas institucións das administracións públicas e outras organizacións.
-Tentar establecer un marco de solución ou posibles accións favorecedoras da mellora desta problemática.
Contido:
-A situación legal da prostitución en Europa.
-Problemáticas asociadas á prostitución: perspectiva socioxurídica.
-Problemáticas asociadas á prostitución: crime organizado e tráfico de mulleres.
-Problemáticas asociadas á prostitución: inmigración, violencia e vulnerabilidade.
-Resumo e conclusións.
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
Inscrición:
A inscrición dos participantes será totalmente gratuita.